martes, 30 de enero de 2018

VII CONCURSO DE CREACIÓN VERSO EN LÚAS

Os Departamentos de Lingua Inglesa, Lingua Castelá e Normalización Lingüística convocan o VII Concurso de creación VERSO EN LÚAS do IES "Ramón María Aller Ulloa" coas seguintes BASES 1. PARTICIPANTES: Poderán participar os alumnos de 1º, 2º, 3º e 4º ESO e Formación Profesional Básica. Fóra de concurso, calquera membro da comunidade educativa pode presenta-los seus traballos. 2. PREMIOS: establécense dous primeiros premios de 50 euros. 3. TRABALLOS: pódense entregar dous tipos de traballo: unha portada orixinal, ilustrada, sobre un texto literario, propio ou alleo; ou unha proposta de poesía visual, fotorelato ou fotopoema. O alumno elexirá libremente a forma do seu traballo. Non se admitirán traballos plaxiado ou con contidos ofensivos. 4. LINGUA: O alumno pode presentar os traballos en inglés, galego ou castelán. 5. PRESENTACIÓN: no caso da primeira opción, o alumno presentará a portada dun libro, na que figure o título da obra e o autor. Suxírese o uso de cartulina tamaño folio. A portada incluirá ilustracións, orixinais e propias. O traballo poderá incluir un fragmento do texto escollido, un resumo do mesmo ou ben un texto literario propio que se inspire no manual escollido. No caso da categoría de poesía visual ou fotorelato, o formato é libre. Ante calquera dúbida, os alumnos poden dirixirse ós xefes de departamento de inglés, castelán ou normalización lingüística. 6. DATAS: os traballos serán entregados antes do 25 de febreiro de 2018. 7. XURADO: o xurado do concurso estará composto por membros dos Departamentos de Lingua Castelá, Normalización lingüística e Lingua inglesa. Valorarase a orixinalidade da presentación e dos contidos.